jueves, 11 de abril de 2013

Vocabulario Básico en Galego

Se premes nas seguintes imaxes podes realizar actividades de vocabulario básico en galego, pensado sobre todo para alumnos extranxeiros.





Recursos Lingua Galega


A continuación cito algunhas Webs que vos poden resultar útiles:


A Mesa pola Normalización Lingüística

Plataforma independiente que tiene como objetivo la reivindicación y promoción del uso de la lengua gallega en todos los ámbitos sociales. Organiza campañas de sensibilización y reivindicación, asesoramiento y colaboración con otras entidades que persiguen los mismos fines.

Bibliografía informatizada da lingua galega

Base de datos en línea con información bibliográfica sobre trabajos de investigación o divulgación sobre la lengua gallega elaborada en el Centro Ramón Piñeiro para la Investigación en Humanidades.

Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Entidad que se dedica a la recopilación, clasificación y difusión de documentación especializada en sociolingüística gallega y de otras lenguas.

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Centro que se dedica a la promoción y apoyo a la investigación en las áreas de literatura, lengua gallega, traducción, documentación bibliográfica, ciencias sociales...

Consello da Cultura Galega

Organismo estatutario con personalidad jurídica propia al que le compete la defensa y promoción de los valores culturales y lingüísticos del pueblo gallego. Desarrolla estos objetivos a través del asesoramiento, formación e investigación en todas las áreas que caracterizan nuestro patrimonio cultural.

Culturagalega.org

Portal de divulgación cultural del Consello da Cultura Galega con información y recursos sobre actualidad y lengua gallega.

Dicionario da Real Academia Galega

Diccionario de lengua gallega en línea editado por la RAG que contiene alrededor de 50 000 entradas.

é-galego

Curso multimedia de gallego de nivel intermedio dirigido a hablantes de castellano.

Galego.org

Sitio web destinado a la promoción del idioma gallego donde se encuentran, entre otros recursos, una historia de la lengua gallega, un pequeño vocabulario y una amplia lista de enlaces y otras web y recursos lingüísticos de interés. Hay que destacar el servicio de noticias.

Instituto da Lingua Galega

Centro de investigación, perteneciente a la Universidade de Santiago de Compostela, especializado en el estudio científico de la lengua gallega. También desarrolla actividades docentes y formativas; asesoramiento técnico a instituciones y personas relacionadas con la normalización lingüística y promoción y defensa del gallego.

Legislación de la lengua gallega

Recopilación de la legislación lingüística relacionada con el gallego.

Real Academia Galega

Institución científica que tiene como objetivo el estudio de la cultura gallega y en especial la ilustración, defensa y promoción del idioma gallego.

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Organismo adscrito a la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia que tiene como objetivo la promoción y la enseñanza de la lengua gallega.



Teoría gramática


OS ARTIGOS

Os artigos son os determinantes máis frecuentes. Poden ser:

-determinados (o, a, os, as), presentan un substantivo xa coñecido ou que queremos destacar entre os demais: a escuma do mar;

-indeterminados (un, unha, uns, unhas), presentan un substantivo descoñecido ou que non importa precisar: douche unha flor.

XÉNERO E NÚMERO

Os nomes poden ter xénero masculino (caldeiro, flotador) ou xénero feminino (camiseta, barca).

Pero, ademais, hai nomes que son:

- comúns en canto ao xénero, que teñen a mesma forma para masculino e feminino e só se diferencian polo determinante: o excursionista/ a excursionista;

-epicenos, que se empregan tanto para masculino como para feminino sen que cambie o determinante. É o caso de moitos animais (o esquío macho/ o esquío femia), e tamén dalgúns nomes en plural que inclúen o masculino e o feminino: os pais.

Formación do feminino
1.- Os substantivos que no masculino rematan en -o e en-e cambian esa vogal por -a: neno-nena, infante-infanta.

2.- A maior parte dos substantivos rematados en consoante engaden -a: bailarín-bailarina, deus-deusa, rapaz-rapaza.

3.- A maior parte dos substantivos rematados en -án fan o feminino en -á: alemán-alemá, aldeán-aldeá.

4.- Os rematados en -ón fan o feminino en -oa: león-leoa, agás nos aumentativos e formas pexorativas (abusón-abusona).

5.- Algúns substantivos teñen forma distinta para masculino e feminino: boi-vaca, carneiro-ovella.


Formación do plural

1.- Os substantivos rematan en vogal ou en -n engaden -s: mesa-mesas, café-cafés, can-cans.

2.- Os que rematan en -l engaden -es: sol-soles, túnel-túneles; pero se son palabras agudas de máis dunha sílaba, perden o -l e engaden -is: animal-animais.

3.- Os que rematan en consoante distinta de -n ou -l engaden -es: deus-deuses, dólar-dólares.

4.- As palabras graves e esdrúxulas que rematan en -s ou -x son invariables: o martes- os martes.


OS ADXECTIVOS

Adxectivo cualificativo. Hai adxectivos:


- de dúas terminacións, que varían para feminino e masculino: un cabalo branco, unha egua branca;


- dunha terminación, que non varían en masculino e feminino: unha muller elegante, un home elegante.
Os graos do adxectivo son:

Positivo. Expresa unha calidade: Un cabalo veloz.

Comparativo. Compara calidades. Pode ser:
- de superioridade (máis... ca/que): Máis veloz que o burro;
- de igualdade (tan... como/coma): Tan veloz coma a lebre;
- de inferioridade (menos... ca/que): Menos veloz que o guepardo.

Superlativo. Expresa a calidade no grao máis alto. Pode ser:
- relativo (o máis/menos de...), o adxectivo está no grao máis alto con respecto aos demais: O máis veloz de todos os cabalos;
- absoluto: Un cabalo moi veloz. Un cabalo velocísimo.



Actividades Ortografía e Vocabulario

ORTOGRAFÍA E VOCABULARIO

1. Constrúe a frase: O   AVE  GRANDES  É   OLLOS   NOCTURNA   UNHA   BUFO  CON

2.Completa coas palabras que faltan (branca, berce, árbores, pombas, barcelona, abrigaste, bandada, albornoz, billa, biberón, bebé, barrios, bidé)

  • Estivemos en        coa miña avoa e         paseamos polos        máis bonitos da cidade.  O       chora ao pousalo no                 pois quere que lle dean o         chora ao pousalo no        pois quere que lle dean o       e quedarse no colo. 
  • Cando saias do baño secaste ben e despois              co             para non coller frío outra vez.
  • Cando ía o banco vin unha         de                 que se pousaron nas                da alameda.
  • Teño que chamar o fontaneiro para arranxar             a e tamén o    
3. Nome do lugar onde se fan as carreiras de cabalos

4. Ordena esta frase: IRMÁ NO GALIÑEIRO A OS MIÑA ÓVOS COLLEU

Podes atopar as respostas correctas a estes exercicios aquí consultando os diferentes apartados

Outros exercicios non obrigatorios:
actividades con B ou con V
emprego do h



        .

Actividades gramática

ARTIGOS

Sinala os artigos indeterminados:

O río Miño leva hoxe unhas augas cristalinas
Se ti me das un bico, eu douche unha flor
Todos os sábados compro unha revista para ler xunto o mar
As dornas trouxeron unha morea de sardiñas

Realiza todos os exercicios don enlace e despois comproba as respostas correctas:

exercicios artigos

XÉNERO E NÚMERO
  1. Indica se son nomes comúns ou epicenos: esquío, excursionista, pianista, xirafa, comerciante, pais.
  2. Escribe o feminino de: capitán, galo, elefante, estudante, xirafa, cabalo, home, barón, pastor, can, trapecista, salvaxe, delfín, ermitán, avó,.
  3. Escribe o plural de: calor, nariz, camión, andel, sal, dolmen, tractor, doutor, caracol, irmán, bedel, rei, xudeu, noz, touro, cidadán.

ADXECTIVOS

Clasifica os adxectivos en variables ou invariables: elegante, simpático, pequeno, veloz, maior.
Emparella:
Máis guapo que                    superlativo relativo
Tan vello coma                     comparativo de superioridade
A máis fermosa de                comparativo de igualdade
Menos alegre que                 comparativo de inferioridade
Moi triste                              superlativo absoluto

Formas especiais de comparativos, une
bo                 maior
malo              mellor
pequeno        menor
grande           superior
alto                peor 
           

Podes ver se as túas respostas son correctas e facer máis exercicios: pulsa aquí

Outros exercicios de repaso non obrigatorios
exercicios xénero
Une ca definición ou sinónimo
Prefixos
Completa as oracións



Literatura Galega


Hoxe vamos falar de Celso Emilio Ferreiro.

Ler esta entrada e despois elaborar un resumo sobre ela que podedes amplíar coa información que consideredes interesante o respecto.

Tamén vos deixo un enlace no que atoparedes unha presentación e faredes uns sinxelos exercicios (podedes buscar información na Rede).



Celso Emilio Ferreiro Míguez (Celanova, 1912 - Vigo, 1979) foi un escritor e político español.

Pertencía a unha familia acomodada campesiña e galleguista. Aos 20 anos, en 1932, organizou con Xosé Velo Mosquera, entre outros, asMocedades Galeguistas de Celanova e participou na constitución da Federación de Mocedades Galeguista sen 1934. Pouco despois foi procesado por un artigo publicado en Guieiro, revista que el mesmo dirixía. Mobilizado na Guerra Civil polo bando franquista, estudou posteriormente Dereito, contribuíu en diversos xornais e revistas. A publicación do poemario Longa noite de pedra (1962) consolidoulle como o herdeiro do legado de Manuel Curros Enríquez. Un ano despois da publicación de Longa noite de pedra fundou, xunto co escritor Xosé Luis Méndez-Ferrín e outros intelectuais gallegistas a Unión do Povo Galego. En 1966 emigrou a Venezuela, onde colaborou coa Hermandade Gallega, fundou o Padroado dá CulturaGalega, e traballou no gabinete do presidente Rafael Caldera. Grazas á súa iniciativa grávase e edítase en Caracas en 1970 o primeiro disco LP en galego Galicia canta onde ademais de ser o autor de varias das letras e da presentación do disco co seu pseudónimo de Arístides Silveira, el mesmo interactuar con Xulio Formoso tocando o pandeiro.

Ao volver da emigración instalouse en Madrid, onde traballou de xornalista. En 1977 foi candidato ao Senado polo Partido SocialistaGalego, aínda que sen éxito. Produciu prosa e poesía en castelán e galego, destacando na poesía en galego, de fondo contido social. Foi a súa poesía a que lle deu a fama de grande escritor. Foille dedicado o Día das Letras Galegas en 1989



OBRA

Narrativa 

  • Curros Enríquez. Biografía. Editorial Moret, A Coruña (1954)
  • A fronteira infinda. Edicions Castrelos, Colección Pombal, Vigo (1972)
  • Curros Enríquez. Biografía. Ediciones Júcar, Madrid (1973)
  • Curros Enríquez. Biografía. Edición Encuadernada, Ediciones Júcar, Madrid (1973) 
  • Curros Enríquez. Obra poética completa. Editora Nacional, Madrid (1977)
  • A taberna do Galo, Editorial Castrelos, Vigo (1978)
  • El alcalde y otros cuentos, Ediciones Júcar, Madrid (1981)
  • Obra Narrativa, Edixións Xeras, Vigo (2003)
  • SemblanzasCrónicas e Artigos, Edicións Xerais, Vigo (2005)
Poesía
  • Cartafol de poesía, Edición de Autor, Celanova (1936)
  • Al aire de tu vuelo, Edición de Autor, Pontevedra (1941)
  • Bailadas, cantigas e donaires, Ediciones Céltiga , Pontevedra (1947)
  • Musa alemá, Benito Soto, Pontevedra (1951)
  • O soño sulagado, Colección Alba, Vigo (1955)
  • Voz y voto, Edición de Autor, Vigo (1955)
  • Longa noite de pedra, Salnés, Vigo (1962)
  • Viaxe ao país dos ananos, El Bardo, Barcelona (1968)
  • Cantigas de escarnio e maldecir, Agrupación NÓS, Caracas (1968).
  • Terra de ningures, Ediciós Xistral, Monforte de Lemos (1969).
  • 13 poemas iracundos y una canción inesperada, Revista Expediente Nº 2, Caracas (1970). 
  • Antipoemas, Colección Álamo, Salamanca (1972)
  • Poemas prohibidos, Edición de Autor, Caracas (1972).
  • Autoescolha poética (1954-1971), Razao Actual, Oporto (1972)
  • Cimenterio privado, Roi Xordo, Xenevra (1973)
  • Os autentes, Ediciós Pirata S.A., Caracas (1973)
  • Fóronse á puñeta, Alianza de Emigrantes Nacionalistas (ALEN), Caracas (1973)
  • Donde el mundo se llama Celanova/Onde o mundo se chama Celanova, Editora Nacional, Madrid (1975)
  • Al César enano, Ediciones El Caballo del Diablo, Madrid (1975)
  • Cimenterio Privado, Colección Pombal, Vigo 1(978) 
  • O libro dos homenaxes, AKAL Editor, Madrid (1979)
  • Poesía Galega Completa, B A G Edicións Sálvora, Santiago de Compostela, (1983)
  • Poesía Galega Completa, Edicións Xerais, Vigo (2004). 
  • Escolma Poética, Factoría K, Vigo (2008) 
  • Longa noite de pedra/Larga noche de piedra, Auga Editora, Santiago de Compostela (2011)
  • Dun tempo e dunha terra: Antoloxía poética, Tambre, Vigo (2012)
  • Cartafol de Soños,Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, A Coruña (2012)
  • O Meu primeiro Celso Emilio,Ediicions Xerais, Vigo (2012)
  • Celso Emilio Ferreiro, Fundación Luis Tilve , Santiago de Compostela (2012)

Actividades a realizar
Fundación Celso Emilio Ferreiro









lengua

                                                                                                 lengua


Hay mucha gente que afirma que a escribir se aprende leyendo. Sin duda, una lectura reposada nos permite no solo tener un vocabulario más rico, sino también adquirir pautas concretas de redacción. No obstante, yo estoy convencida de que, como a tantas otras cosas, a escribir se aprende escribiendo. Y si, además, lo hacemos siguiendo unas pautas que nos guíen en el proceso, mucho mejor. En la entrada de hoy os sugerimos unos cuantos lugares en los que encontraréis distintas propuestas didácticas para mejorar en el proceso de escritura.     

                                                                         
                                                                                           El nombre  


                                                                       


                                                         
                                                 






31db6424c67fed161293e70bc60df2ef Actividades de Lengua Castellana para imprimir y descargar
552ba13ba24bc07931f183c862939879 Actividades de Lengua Castellana para imprimir y descargar

db97d3b873243849ce3e1cd2c201010c Actividades de Lengua Castellana para imprimir y descargar